Friday 03 de May de 2024

O xurado do concurso fotográfico elixe as imaxes do Calendario Municipal 2015


 

A selección das 12 imaxes en cor da Coruña, xunto á da portada, realizouse entre todas as fotografías presentadas por 161 concursantes
O xurado do concurso fotográfico do Calendario Municipal 2015 elixiu as 13 imaxes gañadoras, pois ás 12 previstas para cada mes do ano se suma unha máis para a portada. En total, o Concello da Coruña recibiu fotografías de 161 persoas.
O Goberno local agradece o interese que suscitou entre os cidadáns o concurso fotográfico do Calendario Municipal 2015, con 161 participantes. O xurado seleccionou de todas as fotografías presentadas ao concurso as 12 imaxes da Coruña que formará parte do calendario municipal do próximo ano, así como unha máis para a portada do calendario. En concreto, ademais desta imaxe da portada, o calendario constará de
24 imaxes: 12 fotografías en branco e negro do pasado da Coruña, e outras 12 en cor da cidade actual que seleccionou o xurado.
Ademais da súa publicación no calendario municipal do próximo ano, os gañadores recibirán os libros Fotografía de alta calidade. As técnicas e métodos definitivos, de José María Mellado, e o Atlas Ilustrado da fotografía dixital creativa con Photoshop, así como 10 exemplares do calendario.

As fotografías elixidas polo xurado son obra de:
. Beatriz Diéguez Reyes (fotografía de portada). Menhires do parque escultórico de
A Torre.
. Manuel Matías Marras Ramos. Muralla do xardín de San Carlos.
. Fernando Román Areán. Cemiterio de San Amaro.
. José María Gómez Brocos. Carrusel en María Pita.
. Pablo Briones Bioslada. Fonte dos surfistas.
. Francisco Lestón Ramos. Obelisco Millenium.
. José Manuel Cereijo Garea. Panorámica da Coruña.
. Chema Ríos. Bucina do parque escultórico da Torre.
. Emilio Pintos Fraile. Festival aéreo.
. Guillermo Vázquez González. San Juan na praia.
. Leo Margareto. Torre de Hércules.
. Francisco Parada González. Parrote.
. Eduardo Regueiro Lorenzo. Praia de Riazor.